Zamáns non chega a 800 veciños e é unha das parroquias máis...
A esencia de Vigo está nos seus barrios. O complexo proceso de crecemento da cidade e a súa distribución en parroquias deixounos postais tan singulares como unha horta ou un curral de galiñas a menos de 200 metros da principal arteria da cidade, a Gran Vía. Ou fermosas aldeas como Cabral, en contraste con incansables barrios traballadores como Teis, forxados no Vigo Industrial; ou vilas históricas como Bouzas que, sen perder o seu peculiar carácter mariñeiro, hoxe forman parte de Vigo.
Non te quedes só co centro e aventúrate a visitar os barrios de Vigo, gran parte da súa riqueza cultural e diversidade de opcións de ocio residen nas particularidades das súas parroquias.