Desde Madrid
A viaxe a Vigo desde Madrid por estrada é unha desas experiencias que te fará entender por que Galicia é un sitio distinto: en canto cruces o túnel do Padornelo entrarás nun planeta diferente, verde a rabiar, tras horas atravesando as longas planicies castelás.
A viaxe a Vigo faise polas autovías A6 e A-52 e dura unhas seis horas. Se prefires vir en tren ou en bus, poderás centrarte na paisaxe e, unha vez en Vigo, tes a opción de alugar un coche para moverte pola cidade.