Feiras

Regatea nos postos na rúa

As feiras en Vigo son un clásico. Cada día, os postos de venda ambulante instálanse na praia de Samil e nas inmediacións da Laxe (no Vigo Histórico), dúas das zonas máis turísticas de Vigo. Artesanía, bolsos, reloxos, recordos… Tamén recipientes para facer unha clásica queimada (un ponche tradicional de augardente) co seu mítico conxuro para espantar os malos espíritos durante a súa elaboración. Nestes postos atoparás gangas, curiosidades e recordos e ambas as feiras son unha boa escusa para visitar as zonas onde se enclavan.

Pistas e recomendacións: 

O de Samil permitirache pasar un fantástico día de praia en verán ou dar un agradable paseo en inverno.

Na Laxe, ademais de visitar toda a zona do Porto de Vigo, poderás subir cara á rúa das Ostras e o Casco Vello.

Anímate a regatear, ao igual que en todas as feiras que visites.