Baile de Entroido
Despide ao “meco” bailando o martes de Entroido
O Entroido en Vigo é unha das celebracións favoritas dos galegos, unha cita vinculada a ritos de fertilidade e protección das colleitas, incorporada despois como rito cristián no que celebrar a abundancia e na que despedirse do bo comer e do bo beber por un tempo.
En Galicia, hai tantos entroidos como localidades, e en Vigo celébrase entronizando ao Meco: deus do Entroido. Durante o reinado deste permisivo deus todo é posible e todo é foliada: as comparsas percorren as rúas durante todo o día, pero, sen dúbida, é pola noite, coas verbenas e bailes de Entroido, cando alcanza o seu apoxeo.
Un dos fitos do Entroido de Vigo é o Enterro da Sardiña, o Mércores de cinza: unha vez morto o Meco, entérrase e a comitiva percorre o centro de Vigo nunha divertida parodia de desfile fúnebre con moita sorna.
Se queres vivir unha verbena popular auténtica, non te perdas o Martes de Entroido en Vigo. Na Porta do Sol, veciños, turistas e curiosos —disfrazados ou non— despídense do entroido bailando ao son das orquestras.
Proba as tradicionais orellas de Entroido, doce típico en Vigo durante esta época do ano, e as filloas.