Noites tradicionais

As noites máxicas de Vigo

Convidámoste a facer un percorrido polas citas máis fascinantes do calendario de festas nocturnas de Vigo: San Xoán, Entroido, Noitevella ou Reis. Case todas son celebracións pagás ancestrais, que foron sacralizadas polo cristianismo, polo que as súas orixes se remontan á noite dos tempos.

Estás en terra de “meigas” e lendas celtas: déixate levar polo espírito das noites máxicas de Vigo e vive momentos inesquecibles.