MERCADOS
Deixarse levar polo colorido das luces non é a única maneira de gozar do ambiente do Nadal en Vigo. Os mercadillos de nadal son todo un clásico nestas datas e en Vigo hai varios que enchen as rúas de bulicio e transforman a paisaxe da cidade.
- Cíes Market
É o maior mercadillo do Nadal en Vigo. Atoparalo na Praza de Compostela e dispón de máis de 100 postos nos que encotrarás de todo: gastronomía, figuritas de decoración do Nadal, roupa, chuches, até postos de flocos de millo e castañas.
Cando: do 24 de novembro de 2022 ao 14 de xaneiro de 2024
Horarios:
- Laborables: Apertura ás 17:00 h, peche ás 22:30 h a excepción do 21 de decembro ao 16 de xaneiro (período vacacións de Nadal) peche ás 23:30 h
- Venres, sábados e vésperas de festivo, apertura as 11:00 h, peche ás 00:30 h
- Domingos e Festivos: Apertura ás 11:00 h, peche ás 00:00 h
Días 24 e 31 de decembro, apertura ás 11:00 h, peche ás 20:00 h e 5 de xaneiro apertura ás 11:00 H, peche ás 22:00 h.