Noite de San Xoán

Inicia o verán nas fogueiras de San Xoán

San Xoán en Vigo é unha experiencia máxica. A tradición de celebrar a noite máis curta do ano remóntase a épocas moi anteriores ao cristianismo, coa celebración do solsticio de verán, na noite do 23 ao 24 de xuño. Os nosos antepasados temían que o sol non volvese ao seu total esplendor. Por esta razón, iniciaban ritos de fogo purificadores ao atardecer, para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar a súa enerxía.

Vigo celebra San Xoán con entusiasmo, en torno ás fogueiras e realizando todo tipo de ritos tradicionais, nunha noite na que non se dorme e na que se di que se abren as portas a outros mundos. O prato típico da noite de San Xoán son as sardiñas asadas, non deixes de probalas.

Pasada esta noite, nada como vivir un amencer máxico nas Illas Cíes. Co gran sol nacente do solsticio, o ceo e a Ría fundiranse nunha fogueira de luz multicolor que recordar para sempre.

Pistas e recomendacións: 

A tradición manda saltar 9 veces o lume para estar protexido dos malos espíritos, e recóllense plantas aromáticas (herbas de San Xoán), que se deixan en auga toda a noite para lavarnos a cara a mañá seguinte e ter boa saúde o resto do ano.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo