Desde Porto
Se queres viaxar a Vigo en coche desde Porto toma a A3 que comunica Porto, Lisboa e Braga coa fronteira española e enlaza coa AP-9 e A-55, que che deixarán no centro de Vigo.
En tren, a liña internacional Porto-Vigo ten dúas saídas diarias, e de Vigo a Porto tamén. É unha viaxe que paga a pena polas impresionantes paisaxes que nos deixa a ruta, que discorre xunto ao río Miño.
En bus, as empresas que prestan o servizo de autobús de Porto a Vigo son Autna, Alsa e Flixbus. O percorrido dura unhas dúas horas e, en calquera caso, a viaxe paga a pena. Daraste de conta de que cruzaches a fronteira ao pasar sobre o río Miño, no que destaca a fantástica ponte de ferro ao estilo de Eiffel.