Como chegar a Vigo
Chegar a Vigo é moi sinxelo: desde Madrid, A Coruña, Santiago de Compostela ou o norte de Portugal pódese chegar directamente ao centro da cidade. Vigo está comunicada por estrada e tren con Madrid e outras urbes como Bilbao. Ademais, o aeroporto de Peinador está conectado coas cidades españolas máis importantes e con varios destinos internacionais.
Pero non só podes chegar a Vigo en avión, en tren ou por estrada: é unha das poucas cidades ás que poderás entrar en barco, pola ría de Vigo, atracar en pleno centro.
Descubre a túa maneira de chegar a Vigo!