Identidade e tradición
Para coñecer o Vigo auténtico, a súa identidade e a súa tradición, hai que descubrir as verdadeiras raíces de Vigo. A súa orixe. A historia de Vigo como enclave habitado remóntase ao século III a.C., e, desde entón, a través da súa fermosa ría, recibiu decenas de civilizacións das que herdou parte dos seus costumes e parte do seu espírito.
A historia de Vigo forxouse quedándose co mellor de todos eses pobos que a visitaron, e por iso a xente desta cidade do sur de Galicia é tan aberta, inquieta e emprendedora. Nesta sección descubrirás parte desas tradicións de Vigo e do folclore da cidade, e aprenderás algunhas cosas que a distinguen do resto de Galicia e de España.