Visita ao porto para profesionais e estudiantes de Ensino Superior
O porto de Vigo é a terminal pesqueira máis importante de Europa. A el chegan cada día, de madrugada, centos e incluso miles de toneladas dos máis variados pescados e mariscos.
Con esta visita guiada ao porto de Vigo pódese seguir o percorrido que fai calquera peixe fresco en Vigo: o seu desembarque nos peiraos, a súa clasificación e preparación para a poxa, a súa venda, o seu empaquetado. En pouco máis de dúas horas, máis ou menos o tempo que dura este percorrido, o mesmo pescado que se ve descargar dun barco pode estar xa a bordo dun camión viaxando en dirección a calquera mesa de España ou Europa.
Con esta ruta polo interior do porto coñecerás tamén os barcos pesqueiros que teñen Vigo como base e os mares do mundo nos que faenan.
Información práctica
-
Autoridade Portuaria de Vigo
-
Praza da Estrela, 1
-
Teléfono:986 268 000
-
Correo electrónico: