Vigo Convention Bureau
¿Queres organizar un congreso en Vigo? Necesitas asesoramento para un evento de empresa no norte de España? Buscas un destino para unha viaxe de incentivos en Galicia? Encontrarás todo o que necesitas na Fundación Vigo Convention Bureau.
A VCB ten por obxecto a promoción da cidade de Vigo no sector turístico profesional e MICE (Meetings, Incentives, Conferences and Exhibitions), como destino de negocios, feiras e congresos e ofrece de forma gratuíta asesoría e apoio á creación e xestión de eventos e congresos, coa máxima garantía e calidade nos seus servizos. As principais accións do Vigo Convention Bureau vertébranse en tres eixos principais:
Soporte loxístico a candidaturas: elaboración de informe de candidatura, cesión de material gráfico e documental, colaboración na presentación e promoción de candidatura, cooperación con promotores e institucións públicas.
Viaxes de promoción: organización de expedicións profesionais para coñecer o potencial e capacidade de Vigo como destino de congresos, convencións, eventos e incentivos. Creación de rutas e servizos a medida de executivos en Vigo.
Asesoría de organización: información por tipo de evento sobre hoteis, auditorios, salas de reunións e elementos singulares como pazos históricos ou espazos ao aire libre. Visitas á cidade e a ría de Vigo, axenda de espectáculos, guías, directorios de axencias especializadas, programas de incentivos, etc.
Máis información na páxina oficial da Fundación Vigo Convention Bureau.