Paseos por Vigo

20 rutas para coñecer Vigo a pé

Se buscas unha escapada de sendeirismo ou rutas urbanas para as túas vacacións en Vigo, esta é a túa sección. Coñece os mellores paseos por Vigo, as 20 rutas auto guiadas que che permitirán descubrir a cidade de maneira totalmente independente. Desde o Vigo máis urbano ao máis natural, cos graos de dificultade e a duración de cada traxecto, para que organices as túas rutas por Vigo da maneira máis práctica e cómoda.

A maioría delas son paseos chans e accesibles, ideais se viaxas a Vigo con nenos, ou para percorrer  Vigo en bici. Consulta e elixe entre estes 20 planes de rutas imprescindibles de Vigo os que máis se adapten a ti.