Fútbol
Practica o deporte rei en Vigo
Practica o deporte rei en Vigo
O fútbol en Vigo é unha debilidade. A afección polo Celta inspíranos, e non che faltarán lugares onde practicalo. Tanto, que o xogo do futbolín ten en Vigo ata as súas propias regras, e xera animadas competicións.
Se queres aproveitar as túas vacacións no sur de Galicia para practicar fútbol, en Vigo ti e os teus amigos gozaredes como nunca: hai 12 campos de fútbol municipais, moitos de goce público, como Sampaio, A Guía ou Coruxo. Que? Anímaste?
Pistas e recomendacións:
A experiencia de xogar un partido de fútbol na praia é un dos pluses que che dá unha cidade como Vigo. No Vao, a última hora do día, poderás dar renda solta aos teus pés e pasar un rato incrible cos teus amigos ou a túa familia.
Información práctica
Consulta aquí o listado de campos de fútbol de Vigo.