Festa da Sardiña

Unha festa para o peixe azul máis popular

A Festa da Sardiña en Vigo, máis que unha tradición, é un ritual imprescindible. A sardiña é quizais o alimento que máis define a Galicia, e en Vigo poderás probala de todos os tipos e preparada de mil maneiras. As típicas son as sardiñas á brasa, e así poderás saborealas nunha das festas máis multitudinarias de Vigo: a Festa da Sardiña da Guía.

“A sardiña asada é un dos grandes bocados das merendas do verán na Galicia mariñeira. Pide brancos frescos para limpar a boca. Pero tamén as sardiñas asadas fan un bo xantar, de primeiro prato, aperitivo…”, dicía un dos maiores expertos culinarios galegos, o escritor Álvaro Cunqueiro.

Para honrar a este saboroso bocado de mar, esta festa mantén todas as tradicións das romarías ancestrais galegas, e é quizais a cita gastronómica máis importante de Vigo: non a perdas!

Pistas e recomendacións: 

O contorno do Monte da Guía, en Teis, onde se celebra a Festa da Sardiña, é un dos máis fermosos de Vigo, aproveita para percorrelo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Festa da Sardiña
  • Carballeira (robledal) de A Guía, barrio de Teis
Horarios: 

18 - 19 de agosto de 2018