Instituto Santa Irene
A historia do instituto máis emblemático de Vigo
Elemento fundamental da arquitectura civil de Vigo, o edificio que alberga o Instituto Santa Irene, co seu enorme reloxo desde o que os vigueses seguen as badaladas de Noitevella, é unha das construcións máis emblemáticas da cidade.
Construíuse cos cartos que doou o filántropo Policarpo Sanz (escoitarás o seu nome con frecuencia xa que unha das rúas principais de Vigo chámase así), cuxa historia discorre paralela á da cidade que o acolleu, xa que el nacera en Marín.
Ao morrer, en 1889, doou toda a súa fortuna a Vigo, pero con algunhas condicións: unha foi que, unha vez falecese a súa esposa, Irene de Ceballos, se construíuse un edificio de cantería que se utilizaría como colexio e instituto e que levaría o nome de Santa Irene. A súa vontade respectouse, e en 1946 inaugurouse o Instituto Santa Irene, baixo a condición de que a ensinanza fose “completamente gratuíta para os nenos de familias pobres da cidade”. Desde entonces, miles e miles de vigueses pasaron las súas aulas, e insignes profesores formaron parte do seu claustro, como o gran escritor galego Méndez Ferrín.
O edificio do Instituto Santa Irene, obra do arquitecto Antonio Cominges Tapias, é realmente fermoso, coa súa planta en forma de E para facilitar a entrada de luz e a súa fachada ecléctica, con toda a ornamentación concentrada no corpo central. O máis rechamante é, sen dúbida, a torre do reloxo, e tamén a cantería, feita sobre granito branco de Ulló (Arcade).
Vas a pasar Fin de Ano en Vigo? Pois o reloxo do Instituto Santa Irene marca as badaladas dunha forma moi especial fronte á enorme Praza de América, que esa noite péchase ao tráfico e convértese na nosa pequena Porta do Sol cunha festa na rúa que, sen dúbida, non esquecerás xamais.