VEN Á FESTA DO MARISCO DE VIGO
domingo, 24 Agosto 2025

4-7 de setembro: Celebra a Festa do Marisco en Vigo
A Festa do Marisco celébrase sempre en setembro para conmemorar a chegada dos meses con “r” e a apertura da tempada do mellor marisco da Ría de Vigo.
A festa contará cunha gran carpa gastronómica na que se ofrecerán pratos como zamburiñas, nécoras, bogavante, polbo á feira, empanadas e viños con Denominación de Orixe. O evento terá prezos populares sen renunciar á mellor calidade do produto galego.
Ademais da oferta culinaria, a programación incluirá concertos, actuacións de grupos folclóricos, obradoiros, xogos populares, contacontos, showcookings e espectáculos itinerantes, que encherán de vida e animación o porto durante os catro días do evento.
Etiquetas: