Produtos típicos

Coñece a diversidade de produtos gastronómicos de Vigo

A gran diversidade de produtos gastronómicos de Vigo é única: a cociña de Vigo é especialmente representativa da cociña galega, a súa localización entre vales que acaban no mar convértena nun lugar idóneo para combinar os produtos da horta e a carne e o pescado. Nas zonas interiores da cidade sucédense pequenas explotacións agrícolas e, no porto, os grandes barcos de altura comparten espazo cos de baixura que faenan en augas da ría.

Por iso nos mercados e cociñas de Vigo encontrarás produtos de alta calidade para todos os gustos e dietas.