Un mar de natureza

Benvido ao paraíso: Vigo é unha cidade nacida para practicar o turismo activo. Que non che engane o seu perfil industrial, o contorno natural de Vigo é único, incomparable. O cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para a práctica de sendeirismo e as rutas en bici. Quedarás asombrado polas vistas da ría de Vigo desde os puntos máis altos dos nosos montes. Neles atoparás fontes, ríos, regatos, e incluso embalses para practicar a pesca en temporada. E todos desembocan nas nosas praias, onde poderás practicar surf, windsurf ou kitesurf, e incluso, sen saír do centro, poderás integrarte na natureza, subindo ao Monte do Castro ou facendo footing ou atletismo no Parque de Castrelos.