Consellos útiles
Horarios: a franxa horaria en Vigo é a mesma que no resto de España. Pero se viaxas a Vigo, debes ter en conta que aquí anoitece unha hora máis tarde que no resto del país. En xuño, ata as 22.30 horas, ou incluso máis tarde, é de día, xa que é o mes con máis horas de sol e as noites máis curtas (na noite de San Xoán anoitece preto das once!).
En canto a horarios comerciais e de restauración, nas zonas de compras, as tendas abren normalmente de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas; e os centros comerciais abren ininterrompidamente de 10.00 a 22.00 horas.
O horario para comer é de 13.00 a 15.00 e, para cear, a partir das 21.00 horas. Pero en Vigo —a cidade que nunca dorme— encontrarás restaurantes abertos ata a media noite. É unha tradición do noso Vigo Industrial, con quendas de traballo ininterrompidas as 24 horas.
Propinas: deixar propina en Vigo ou non depende de ti. Normalmente déixase nos lugares onde te atenden con amabilidade ou nos que che dan unha tapa coa túa consumición, que adoitan ser todos.
Normas de circulación: Vigo é unha cidade na que se conduce con moita axilidade, como en Madrid e o resto de grandes urbes españolas. A maior dificultade radica nas súas famosas rúas empinadas: aínda que os vigueses saben arrancar nelas sen usar o freo de man, non esquezas utilizalo nas máis pronunciadas.
Parroquias: Vigo é das poucas cidades españolas que segue estruturada en parroquias, no canto de por distritos. Vigo creceu tanto nun período de tempo tan curto que absorbeu a todas as aldeas e vilas que a rodeaban sen darlles tempo a “urbanizarse”, de modo que mantiveron tanto a súa aparencia de aldeas independentes como a estrutura organizada en parroquias, tan típica de Galicia.