Vigo de compras
Planea o teu día de shopping na cidade
Planea o teu día de shopping na cidade
Ir de compras por Vigo é unha proposta perfecta para levarte a casa algún recordo da cidade. Convidámoste a saír un día de shopping por Vigo e descubrir zonas de compras para todos os gustos e petos. En Vigo atoparás desde os relucentes escaparates da rúa do Príncipe ata o típico mercado no que remexer entre postos de produtos da horta ou rebuscar gangas e bagatelas. O centros comerciais están presentes coa mellor moda galega e nas áreas peonís poderás visitar pequenos comercios e artesanía tradicional.
Dámosche as claves para atopar as rutas de shopping en Vigo que máis se axustan ao teu plan.