Natación
Nadar na ría de Vigo
A natación en Vigo é seguramente un dos deportes máis arraigados na extensa tradición deportiva viguesa. Hai varios equipos, aínda que probablemente o máis coñecido é o do Real Club Náutico de Vigo. Hai 2 citas anuais imprescindibles: as travesías a nado pola ría. Celébranse cada verán, unha de ao redor de 1 km, entre Toralla e O Vao, e a máis clásica e dura, cun percorrido de case 4 km entre Moaña e a dársena do Club Náutico de Vigo.
En Vigo podes practicar a natación en varias piscinas municipais ás que poderás acceder pagando unha pequena tarifa diaria. Hai tres vasos de 25 m: en Lavadores, en Teis e en Travesas. Pero ademais, a cidade oferta 2 novos recintos municipais de luxo, los complexos da auga da Florida e Barreiro, nos que, ademais de nadar, poderás pasar unha relaxante tarde de spa en Vigo.
Para nadar longos tramos no mar, utiliza un neopreno. A temperatura da auga non adoita superar os 19ªC.