Escolas Nieto
Descubre a historia de Ramón Nieto
Se che interesa a arquitectura civil, en Vigo non podes deixar de visitar as Escolas Nieto. Ramón Nieto foi un dos miles de emigrantes que partiron do Porto de Vigo buscando un futuro mellor ao outro lado do charco. A súa familia instalouse en Chile, onde el chegou a ser Conselleiro de Presidencia.
Ramón Nieto xamais esqueceu o seu barrio, Lavadores, onde nacera en 1856 e onde viviu ata que emigraron, cando el tiña 14 años. Sabía as penurias que pasaban alí os que foran os seus amigos, os seus compañeiros, e en 1900 encargou ao seu antigo profesor da infancia, Severino Cobas, que crease as Escolas Nieto.
O fermoso edificio orixinal das Escolas Nieto, onde hoxe está a Ludoteca, erixiuse para cumprir o soño de Nieto: dar educación de calidade aos nenos sen recursos, e o seu éxito foi tal que as Escolas Nieto tiveron que ser ampliadas poucos anos despois.
Desde entón non deixaron de formar a nenos de Lavadores respectando as avanzadísimas normas que fixou Ramón Nieto: ensinanza de linguas estranxeiras, bolsas para estudar no estranxeiro, prohibición de castigos físicos e psicolóxicos…
Se decidiches visitar as Escolas Nieto e apetéceche pasar o día de turismo pola zona, recomendámosche que te achegues ata O Calvario: a súa rúa peonil é un lugar ideal para ir de compras, e non te perdas o seu Mercado de Abastos, un dos máis antigos de Vigo.
Información práctica
-
Avda. Ramón Nieto, 247
-
Correo electrónico: