Santa Ana

Festa e devoción por Santa Ana en verán

A festa de Santa Ana de Beade é unha das festas tradicionais de Vigo máis auténticas. A finais do mes de xullo, a parroquia de Beade vístese de gala para celebrar as súas festas. Como en todas estas celebracións, os actos relixiosos combínanse coas sesións vermú e as verbenas durante varios días, e recomendámosche, se estás en Vigo nesas datas, que non te perdas estas festas: conservan toda a esencia das celebracións galegas máis tradicionais.

Pistas e recomendacións: 

Beade é unha das parroquias máis afastadas do centro, e por iso mantivéronse intactos moitos costumes do seu pasado rural. É unha zona moi verde, ideal para pasar un día en familia, e tamén visita obrigada se estás en Vigo en primavera, cando florecen as cerdeiras.