Beade
Un barrio en pleno entorno natural
Un barrio en pleno entorno natural
Beade é unha parroquia de Vigo chea de vida. Situada nunha fermosa atalaia desde a que se divisa toda a cidade, o parque forestal de Beade é o lugar idóneo para gozar das mellores vistas da ría e as illas Cíes. Beade é, sobre todo, famosa polas súas cereixas. En primavera, convértese no Jerte galego, coas cerdeiras tinxindo de tons rosas e bancos a suave pendente sobre a que se asenta: en pleno val de Fragoso, cruzado por 4 ríos (Xerxas, Mao, Babio e Quintián).
Pistas e recomendacións:
A igrexa parroquial, de finais do século XVII, ten no atrio un interesante cruceiro, de orixe descoñecida.
Non perdas as festas da cereixa ou de Santa Ana


Información práctica
Liñas de autobús urbano:
C6