Curiosidades

Entre as cousas curiosas que vas atopar en Vigo está a súa peculiar forma de falar. O vocabulario habitual dos vigueses está poboado de expresións propias, moi características e recoñecidas en toda Galicia. Se algunha vez, esteas onde esteas, escoitas a alguén que va ao choio en lugar de ir traballar, estás ante un vigués auténtico. O mesmo cando esteas nunha terraza e, en lugar de chips, che pregunten se queres patatillas ou maicitos (o millo frito de toda a vida). E así, decenas e decenas de expresións viguesas inconfundibles, que a xente de Vigo utilizamos con orgullo e que nos fai únicos no mundo. Ou máis ben, como dicimos aquí: “míticos”.