DISFRUTA DA NOITE DE SAMAÍN EN VIGO

Turismo de Vigo

Celebraches algunha vez o Samaín en Vigo? Moito antes de que Halloween inundase o mundo, os celtas xa celebraban a noite do 31 de outubro o Samaín, festa celta dos defuntos, para celebrar o final da temporada de colleitas. Era unha época de abundancia, dedicada a preparar a conservación dos alimentos para pasar o inverno. 

Esa noite, de fortes connotacións espirituais, desaparece o límite entre o mundo dos vivos e o dos mortos, e para que os mortos pasen de largo, decóranse as casas con grotescos adornos para espantalos… Como as cabazas, propias desta época do ano. Desa crenza vén tamén o costume de disfrazarse de mortos ou de espíritos esa noite: para que, créndote un dos seus, pasen de largo.

En Samaín é típico celebrar o magosto, reuníndose para asar castañas e contar historias xunto ao lume.

Pistas e recomendacións: Se estás en Vigo a noite do 31 de outubro, non te perdas a festa doSamaín no barrio histórico. É realmente máxica…