APP VIGO

¿Necesitas saber onde está a parada máis próxima do Bus Turístico? ¿Facer unha reserva nun restaurante? ¿Atopar as zonas de marcha? ¿Consultar os horarios dos barcos ás Illas Cíes?

Descarga a nosa APP gratuíta VIGO e poderás dispoñer de toda a información turística da cidade en calquera momento e lugar, desde o teu teléfono ou tableta.

Todos os elementos están xeolocalizados, polo que a aplicación converterase nunha guía turística á túa medida mentres te moves pola cidade.

Escolle o teu sistema operativo: Android de Google ou iOS de Apple, e o teu idioma: galego, castelán ou inglés.

Goza de Vigo ao instante.