Golf
Non hai hándicap para gozar do golf en Vigo
Non hai hándicap para gozar do golf en Vigo
Xogar ao golf en Vigo é algo realmente único: probar o teu mellor swing fronte ao mar é un luxo que te podes permitir en poucos sitios, pero en Vigo é posible. Na área metropolitana tes 3 campos de golf onde practicar só ou con amigos, como o Real Aeroclub de Vigo, o máis próximo ao centro da cidade.
Ao outro lado da ría, a 15 minutos do centro e con fermosas vistas, está tamén o Club de Golf Ría de Vigo, e existe outro campo na localidade de Mondariz.
Pistas e recomendacións:
Escollas o campo de golf que escollas, non esqueza facer primeiro a túa reserva: os clubs de golf de Vigo reciben a visitantes de toda España e Galicia, polo que é recomendable asegurarte un sitio antes de desprazarte.