Información práctica
Preparado para visitar Vigo? Para que non se che escape nada da cidade, propoñémosche esta guía práctica de Vigo con información para a viaxe e consellos útiles que che permitirán aproveitar ao máximo os teus días connosco.
Vigo é o epicentro das Rías Baixas, o eixo económico de Galicia, unha cidade moderna, impregnada do olor do mar e de hospitalidade. Os vigueses somos abertos, de forte personalidade, emprendedores e cosmopolitas. Non en van, vivimos á sombra dun dos portos máis importantes de Europa e nun dos recunchos naturais máis privilexiados de España: a ría de Vigo.
Nesta sección atoparás consellos útiles para visitar Vigo, tanto para coñecernos mellor como para ir de compras, conducir pola nosa vertixinosa cidade ou para encontrar os puntos de información turística.