Historia gastronómica
Saborea a historia da gastronomía en Vigo
A historia da cociña galega, elemento básico da gastronomía de Vigo, remonta as súas orixes á era romana, da que chegaron a nós descricións de manxares que os galegos comían xa fai dous milenios. Poucas impresións poden viaxar dos mil anos e chegar case intactas ao presente, pero unha delas é que Galicia é unha despensa inesgotable de alimentos.
Os grandes fitos que transformaron a cociña galega en Vigo foron a conquista de América e a Revolución Industrial. De América chegaron o millo, a pataca ou o pemento, e a Revolución Industrial converteu a pesca en Galicia nunha actividade fabril, introducindo novas especies de pescados e mariscos na dieta e creando unha industria conserveira que se mantén ata os nosos días.
Pouco a pouco, a cociña galega foi definindo receitas, de elaboración sinxela e con alta calidade de materias primas.
Quen finalmente fixa a imaxe da gastronomía galega é o xornalista, escritor e gourmet, Álvaro Cunqueiro. O porco ou o marisco débenlle, en parte, o seu recoñecemento fóra de Galicia.
Nos últimos años, a gastronomía das Rías Baixas e especialmente a cociña de Vigo, defínese tamén como a Dieta Atlántica, unha opción rica en produtos do mar e da horta: variada, completa e saudable.
Hoxe son os turistas os mellores embaixadores da cociña de Vigo. Convidámoste a escribir un novo capítulo da súa historia.
No Centro Arqueolóxico Salinae podes revivir como os romanos facían uso da salgadura para conservar os alimentos e exportalos a outros puntos do Imperio.
Se queres saber máis acerca da historia das conservas, non deixes de visitar o Museo Anfaco.