O MELLOR DEPORTE URBAN NO “MARISQUIÑO”

Turismo de Vigo

Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño

Escapa a Vigo do 8 ao 11 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes achegarte a Montero Ríos: os skaters vigueses practican a diario na praza da Estrela ou no Náutico. Se prefires patinar ou o b-boying, a praia de Samil é o lugar que buscas.

Poderás presenciar a final da World Cup Skateboardin e a BMX International Open na praia de Samil. Tamén poderás ver, un ano máis, unha das probas do O Marisquiño MTB Downtown.

Xa o sabes, máis de 1300 bikers, skaters e b-boys vanse xuntar en Vigo na segunda fin de semana de agosto para participaren no festival, e máis de 80 000 van vir velos.

Serás ti un deles?