Vigo recorta o seu horizonte contra as illas Cíes, o único parque nacional mariño de España: un dos lugares máis fermosos de Galicia. As illas Cíes combinan as praias máis bonitas de Vigo cun contorno natural e uns fondos mariños únicos en España. O arquipélago pódese visitar en barco de liña durante o verán e a Semana Santa e é ideal tanto para gozar en familia como para pasar unha fin de semana de acampada e sendeirismo en Vigo.