10 visitas esenciais

Turismo de Vigo
1.

PONTE DE RANDE

Non é posible sentir Vigo por completo sen cruzar en coche a Ponte de Rande e contemplar desde a súa altura a ila de San Simón e as Illas Cíes ou a inmensidade da ría de Vigo. Paga a pena achegarse a un dos miradoiros de Vigo para velo de noite, colgando maxestosa sobre o mar. Aberto ao tráfico en 1981, cada día crúzana uns 50.000 vehículos e é unha das pontes máis características de España.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
2.

AUDITORIO MAR DE VIGO

O palacio de congresos Auditorio Mar de Vigo está mirando ao mar, facendo honra ao seu nome: o edificio deseñado por César Portela desafía a forza del Atlántico en plena zona portuaria para abrir unha brecha chea de ocio e cultura no barrio máis industrial de Vigo. Ten unha terraza solario privilexiada e unha programación completísima! Sede de diversos espectáculos, congresos, feiras e foros profesionais… Seguro que te sorprenderá.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
3.

RÚA DO PRÍNCIPE

Príncipe é a rúa de compras de Vigo. Chamada así en honor ao fillo de Isabel II, é o corazón comercial da cidade coas mellores tendas do mercado: roupa, artesanía, zapatos, gofres, xoias e as principais firmas de moda galega… Na rúa do Príncipe encontrarás de todo. Moi preto, está un dos mercados máis tradicionais de Vigo, O Progreso, onde as expertas pescantinas estarán encantadas de ofrecerche o peixe máis fresco da cidade.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
4.

BARRIO DE BOUZAS

O barrio mariñeiro de Vigo é Bouzas: alí o acelerado ritmo vigués detense e un parece entrar nun tempo pasado e relaxado. Ruar polo seu casco antigo, empedrado e máxico, permitirache chegar paseando ata o paseo marítimo: unha das vistas máis fermosas da ría de Vigo. A vila está ademais chea de animadas terrazas, perfectas para terminar o día vendo atardecer en compañía das tradicionais tapas: peixiños fritos, mexillóns, ameixas, navallas… ou a popular empanada.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
5.

A LONXA

Vigo é mar, e o mar é Vigo. Non en van Vigo é o porto europeo líder en descargas de peixe fresco. A lonxa de Vigo é famosa por mover boa parte de todo o peixe que se consume en España e Europa. Trátase dunha lonxa de grandes peixes na que cada madrugada se articula un espectáculo frenético no que, sempre á baixa, se poxa o mellor pescado do mundo directo aos mercados de media Europa.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
6.

PRAIA DE SAMIL

A espectacular praia de Samil invita a deter as horas fronte ao mar. O Atlántico baña coas súas bancas areas, e a silueta das illas Cíes e da illa de Toralla amósannos con claridade por que a ría de Vigo é distinta a todas: a propia natureza creou as barreiras para protexela, dotando a Vigo de invernos temperados e veráns cálidos, ese famoso microclima: o máis soleado e menos chuvioso de toda Galicia.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
7.

O MONTE DO CASTRO

O Monte do Castro é a orixe de Vigo, onde se asentaron os primeiros poboadores nos séculos II e III a.C. e cuxos restos se conservan no Xacemento Arqueolóxico. Despois, a cidade creceu baixando e subindo desde O Castro, serpeando para crear esa orografía única que fai posible ter unha montaña en pleno centro da cidade: un luxo natural que ofrece as mellores vistas da ría de Vigo e os solpores máis fermosos.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
8.

PORTA DO SOL

Porta do Sol é o km 0 de Vigo; a bisagra que une o barrio histórico de Vigo e o Ensanche, as zonas de orixe da cidade, onde se concentran as fundacións de arte, centros culturais e museos de Vigo máis modernos. É xusto sobre esa liña imaxinaria que traza a Porta do Sol onde encontraremos un dos símbolos da cidade: a escultura de Francisco Leiro O Sereo, símbolo da unión do home co mar.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
9.

AS OSTRAS DA PEDRA

A rúa das ostras é quizais o maior reclamo turístico do Vigo urbano: decenas de metros destinados á degustación das famosas ostras da Ría de Vigo. A tradición séguese por instinto: os moluscos cómpranse directamente ás ostreiras e degústanse ao natural, nas mesas dos establecementos que se reparten pola rúa. A mellor maridanza para este bocado de mar é unha copa de viño branco con denominación de orixe Rías Baixas.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
10.

ILLAS CÍES

Vigo recorta o seu horizonte contra as illas Cíes, o único parque nacional mariño de España: un dos lugares máis fermosos de Galicia. As illas Cíes combinan as praias máis bonitas de Vigo cun contorno natural e uns fondos mariños únicos en España. O  arquipélago pódese visitar en barco de liña durante o verán e a Semana Santa e é ideal tanto para gozar en familia como para pasar unha fin de semana de acampada e sendeirismo en Vigo.

Turismo de Vigo