Auditorio Mar de Vigo
Un espectáculo ao teu gusto no Mar de Vigo
O Auditorio Mar de Vigo é o palacio de congresos da cidade. Un gran recinto para concertos, conferencias e espectáculos que mira cara á ría desde a súa estrutura acristalada, deseñada polo arquitecto galego César Portela.
Desde unha atalaia privilexiada, entre a fachada pesqueira do Porto e os estaleiros, o principal auditorio de Vigo está en Beiramar, a 5 minutos camiñando do centro da cidade, moi preto do barrio histórico.
Nos seus 23.000 m², alberga un auditorio central con capacidade para 1.421 persoas e varias salas de menor tamaño para celebrar eventos, ademais de salas de exposicións, de conferencias e máis de 300 prazas de aparcamento.
Entre os espectáculos e eventos do Auditorio Mar de Vigo encontrarás concertos de artistas nacionais e internacionais, teatro, musicais, espectáculos infantís ou danza. En verán, ademais, celébranse concertos e festas na terraza, un miradoiro privilexiado sobre a ría ideal para ver caer o sol mentres gozas da música e a compañía.
Consulta a axenda do Auditorio Mar de Vigo, ou compra en liña as entradas.
Como palacio de congresos, aloxa simposios e xornadas profesionais a nivel nacional. Consulta a sección Espazos para eventos de Vigo para profesionais do Turismo.
Mar de Vigo ten un hotel anexo as súas instalacións, o que che facilitará o aloxamento dos teus convidados se estás organizando un congreso en Vigo.
Información práctica
-
Beiramar, 59
-
Teléfono:986 137 940