Un mar de cultura

O turismo cultural en Vigo é un dos grandes atractivos da cidade. Vigo respira cultura e modernidade, ofrecendo ao viaxeiro o maior abanico de propostas de ocio de Galicia: desde espectáculos, musicais e teatro a exposicións de arte contemporánea, como as que acolle o MARCO, e magníficas revisións de clásicos, que encontrarás na sala de exposicións do Centro Cultural Afundación.

Pero Vigo é moito máis. Vigo é contracultura, o berce do underground en Galicia, independente e subterránea, como corresponde á cidade que abandeirou a Movida xunto con Madrid.

Aquí encontrarás a mellor oferta musical de Galicia, con varios locais de concertos con programación fixa. Tamén gozarás cos festivais de música de Vigo, citas anuais imprescindibles e para todos os gustos: desde ciclos de música clásica, ao indie máis actual. Consulta a axenda de Vigo para ver cal coincide coa túa viaxe.

E se buscas unha viaxe de turismo cultural a Vigo realmente auténtica, aproveita para mergullarte nas súas celebracións populares: a Reconquista, San Roque ou Os Maios, e descubre a rica tradición cultural galega e o seu folclore.