Concurso de cantos de taberna

As melodías de taberna tradicionais

Se visitas a cidade, tes que presenciar un dos famosos concursos de cantos de taberna de Vigo. Os galegos non só cantamos co noso acento: cantamos para todo. Gústanos tanto cantar que temos unha celebración, os cantos de taberna, que non existe en ningún outro recuncho do planeta.

Esta tradición en Vigo vén de moi antigo: consiste en coller pezas tradicionais cantadas con pandeiretas e facerlles arranxos para máis instrumentos ou voces, e despois do ensaio, percorrer as tascas cantando as novas pezas: canción galega, boleros, habaneras e outras melodías tabernarias emocionantes e intensas, algúns de cuxos ritmos veñen do outro lado do Atlántico, traídos á volta da emigración.

Pistas e recomendacións: 

O cantos de taberna en Vigo nunca desapareceron, e a mellor forma de gozar deles é en certames como Cancións dos Nosos Barrios, que teñen lugar na Finca de San Roque en agosto. Neles reúnense agrupacións folclóricas dos diferentes barrios da cidade, organizado pola Irmandade de Devotos de San Roque.