10 rúas imprescindibles

Turismo de Vigo
1.

Montero Ríos

Se buscas unha rúa no centro na que gozar do aperitivo, pasear xunto ao porto o tomar un cóctel nunha noite de verano, visita Montero Ríos. Flanqueada por un agradable xardín xunto ao porto, esta avenida repleta de terrazas une As Avenidas coa Praza da Estrela. Aproveita o paseo para visitar o conxunto escultórico do Nadador, cuxas dúas pezas se dispoñen moi preto desta rúa, e a singular escultura de Jules Verne en Vigo, que imaxinou as súas personaxes na nosa cidade.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
2.

Areal

Areal é unha rúa histórica que no século XIX albergaba a industria naval e as fábricas de salgadura postas en marcha por empresarios cataláns como Buenaventura Marcó del Pont, e na que tamén se establecería esta nova burguesía, deixando pegada na arquitectura señorial de Vigo que aínda a define. Hoxe é unha zona residencial, con espazos verdes como o parque de Areal, que de noite é divertida e vital, repleta de grandes locais de marcha en Vigo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
3.

O Calvario (Rúa Urzáiz)

A rúa Urzáiz atravesa o centro desde a confluencia de Colón e a rúa do Príncipe, e é unha das arterias comerciais da cidade. Esta é unha das largas e famosas costas de Vigo que ascende ata o barrio do Calvario, na parroquia de Lavadores. Neste tramo peonil un pode descansar da subida e iniciar un relaxado paseo polo centro comercial aberto, visitar o mercado do Calvario ou achegarse á coñecida como “Igrexa dos Picos” na veciña rúa Toledo, respirando o aire popular e bulicioso deste emblemático barrio da cidade.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
4.

Beiramar

Unha ollada a Beiramar permite comprender a implicación da cidade co mar e o corazón do Vigo industrial. Esta rúa conecta o porto co casco urbano, a un lado a lonxa de Vigo e os estaleiros e ao outro, zonas residenciais que soben en costa e espazos culturais como o Auditorio Mar de Vigo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
5.

Paseo litoral de Bouzas

En Vigo pasear xunto ao mar é un pracer cotián, e un dos lugares predilectos dos vigueses é o Paseo Litoral de Bouzas. 2,5 km de agradable percorrido xunto ao mar sen perder de vista as Illas Cíes e o Museo do Mar e que contan con vía ciclista. Tamén é a zona preferida para moitos afeccionados á pesca en Vigo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
6.

Praza de América

Vigo ten moitos centros, tantos como os seus barrios, e a Praza de América é un deles, no barrio de Coia. Lugar de celebración das vitorias do Real Club Celta e da gran festa de Noitevella en Vigo, durante o día é o centro dunha intensa vida comercial nas rúas de arredores. A impoñente escultura de Silverio Rivas, Porta do Atlántico, comparte a presidencia da praza co Instituto Santa Irene, un edificio emblemático da arquitectura civil de Vigo.              

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
7.

Cesteiros

A rúa dos Cesteiros é unha característica ruela do barrio histórico de Vigo que parte da Praza da Constitución e nos transporta no tempo ata un pasado de artesáns e comerciantes no Vigo antigo.  Os característicos cestos e sombreiros feitos a man altérnanse con pezas de cerámica e xoiería artesá. Tamén é un lugar perfecto para facer un alto no camiño e picar algo no centro de Vigo, nalgunha das súas clásicas tabernas.  Ao final da rúa, un atópase coa Casa de Ceta, un singular palacete urbano do século XV situado na Praza de Almeida. 

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
8.

Praza de Compostela

A Praza de Compostela é a más representativa do Vigo Señorial, cos seus característicos edificios, como o de Correos, envolvendo o Parque da Alameda. Unha activa zona residencial e tamén de negocios que conserva o encanto do Ensanche, deseñado no século XIX para permitir o crecemento ordenado da cidade.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
9.

Praza da Constitución

Sen dúbida, o centro do barrio histórico de Vigo é a Praza da Constitución, que no pasado albergou o antigo concello da cidade (hoxe Casa Galega da Cultura). Espazo de reunión de visitantes e veciños, é o lugar de onde parten celebracións como os Maios ou a Reconquista e tamén punto de encontro diario para o aperitivo ou o afterwork en Vigo.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo
10.

Príncipe

A rúa do Príncipe forma parte da ruta de compras no centro de Vigo de referencia, pero tamén é unha arteria principal do Vigo Monumental. En Príncipe atópase o Museo de Arte Contemporánea MARCO, e nos extremos da rúa están O Farol (punto de encontro dos vigueses) e o Sereo de Leiro, xa na Porta do Sol. Unha rúa animada e vital onde sempre hai xente, tamén de noite, pois é un agradable paseo que conecta o barrio histórico con Churruca, unha das zonas de marcha en Vigo.

Turismo de Vigo