Centro Príncipe
De compras por Príncipe
De compras por Príncipe
Centro Príncipe é a gran zona comercial aberta de Vigo, que reúne as rúas de compras por excelencia de Vigo: a rúa do Príncipe e os seus arredores, Policarpo Sanz e Urzáiz. Príncipe é peonil e en tres rueiros podes encontrar tendas das firmas máis coñecidas de moda galega, nacional e internacional. A maioría das tendas son de roupa, complementos, calzado… pero encontrarás tamén sorpresas como antigas xoierías que fornecía a Casa Real, ou as librerías máis completas da cidade.
Pistas e recomendacións:
Aproveita e inclúe no traxecto unha visita o Museo de Arte Contemporánea (MARCO), na rúa do Príncipe. A ambos os extremos da rúa peonil, fíxate no Sereo e no Farol, monumentos emblemáticos de Vigo.
Información práctica
-
Galerias Durán, C/ Príncipe 51
-
Teléfono:986 113 337
-
Correo electrónico: