Museo do Mar de Galicia

Coñece a historia pesqueira no Museo do Mar

O Museo do Mar de Galicia ten unha das máis completas exposicións permanentes de Vigo, que combina con mostras temporais, sempre relacionadas co mundo do mar e a pesca.  Nel poderás coñecer toda a historia da actividade pesqueira de Vigo: pesca, marisqueo, acuicultura e os métodos de conservación, desde a primitiva salgadura ata o moderno conxelado, pasando polos avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.

O arquitecto italiano Aldo Rossi visualizou, desde o esqueleto da vella fábrica de Conservas de Alcabre (reutilizada despois como matadoiro municipal), o continente do fermoso museo, pero morreu mentres o convertía en realidade e o galego César Portela terminou a obra: unha auténtica marabilla arquitectónica que paga a pena visitar aínda que só sexa para perderse nas súas vertixinosas liñas triangulares.

Pistas e recomendacións: 

No acuario do museo poderás observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes.

Mentres tomas algo na taberna do Museo do Mar poderás contemplar o xacemento castrexo que se pode visitar na zona.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Horarios: 
  • Inverno (16 set. – 20 xuñ.): Mar–Ven 10:00–14:00 e 16:00–19:00 · Sáb, Dom e festivos 11:00–14:00 e 17:00–20:00 · Luns pechado (agás festivos, horario de domingo).
  • Verán (21 xuñ. – 15 set.): Mar–Dom 11:00–14:00 e 16:30–20:30 · Luns pechado (agás festivos, horario de domingo).

Pechado: 24, 25 e 31 de decembro; 1 e 6 de xaneiro.
5 de xaneiro: só horario de mañá (se coincide en luns, permanecerá pechado todo o día).