O Nadador
O conxunto escultórico de Leiro no porto
Unha das esculturas de Vigo máis emblemáticas é a de O Nadador: situado ao borde da Ría de Vigo é o impactante recoñecemento do escultor Francisco Leiro ao esforzo dos nadadores. Trátase dun conxunto escultórico de bronce formado por varias pezas que parecen parcialmente somerxidas no pavimento da zona portuaria de Vigo.
O Salto é a figura principal: situado nas Avenidas, xunto á Estación Marítima de Ría, mostra ao nadador a punto de afundir o seu brazo nunha brazada perfecta a crol. Preto desta fermosa estatua viguesa está precisamente a piscina do Real Club Náutico de Vigo, de onde saen algúns dos mellores nadadores da cidade.
A segunda escultura, na Praza da Estrela, representa ao nadador xa na auga, co esforzo marcado no seu rostro de bronce.
Se gozas coa escultura contemporánea, chamarante a atención os potentes volumes de bronce, que invitan a interactuar, e as súas impactantes perspectivas.
Estás no contorno do Ensanche de Vigo, a zona señorial da cidade. Se realizas o percorrido para apreciar esta obra escultórica na súa totalidade, verás algunhas das máis belas fachadas ao teu paso por Montero Ríos.
Información práctica
-
Teléfono:As Avenidas (entre CC A Laxe e a Estación Marítima)