Arquitectura civil
Sigue a historia de Vigo a través da arquitectura
A arquitectura civil de Vigo conta a historia da urbe, desde o Vigo Antigo pasando polo románico ata o Vigo industrial e o contemporáneo.
Para percorrer os edificios máis emblemáticos do centro de Vigo presentámosche as rutas Paseos pola Arquitectura de Vigo, organizadas en 4 itinerarios temáticos que che permitirán descubrir os detalles de construcións como o Teatro García Barbón (hoxe Teatro do Centro Cultural Afundación), o Real Club Náutico de Vigo, o Museo MARCO, a Casa de Ceta ou a Antiga Casa do Concello de Vigo, entre moitos outros.
Ademais, os diferentes barrios da cidade tamén aloxan xoias destacadas da arquitectura civil de Vigo, como por exemplo o Pazo-Museo Quiñones de León, en Castrelos.
Descubre os mellores exemplos de arquitectura civil en Vigo nesta sección e, se logo estás interesado en afondar máis, non dubides en consultar información sobre outros edificios históricos de Vigo na web oficial do Concello.