Paseos pola arquitectura
Os paseos pola arquitectura de Vigo son unha desas propostas imprescindibles nunha visita a Vigo: as orixes da cidade mariñeira, o esplendor señorial do século XIX, o racionalismo na cidade moderna ou o vangardista Vigo de hoxe nas súas máis recentes construcións… Estas rutas auto-guiadas axudarante a seguir as pegadas da historia e a arte nas fachadas dos edificios máis destacados de Vigo Centro.
Para aproveitalas ao máximo só precisas o teu móbil: as rutas “Paseos pola arquitectura” están trazadas en Google Maps, con detalles de cada edificio histórico sinalado no paseo. Busca os códigos QR de Paseos pola Arquitectura nos propios edificios, ou na páxina de cada ruta, e le no teu móbil a información comodamente.
Elixe o teu Paseo pola arquitectura e empeza a descubrir a cidade!