Senda panorámica de Vigo GR-53
Contempla a cidade desde o alto
Esta ruta natural de Vigo circunvala toda a cidade polos seus montes. O sendeiro discorre ao longo de 40 km e é a maior ruta de sendeirismo de Vigo. Dado o seu tamaño, pódese percorrer en 3 fases de unhas 5 horas cada unha. Ademais, ao longo do seu percorrido hai numerosos accesos desde os que iniciar traxectos de menor duración.
Empezando polo sur, o primeiro tramo son 15 km entre Saiáns-A Pasaxe, con dificultade media-alta xa que se realiza en ascenso. Parte da igrexa de Saiáns, xunto á estrada Vigo-Baiona (PO-552), e pasa pola Aula Municipal de Etnografía, os parques forestais de Saiáns e Oia, a parroquia de Coruxo, os petróglifos da Idade de Bronce de Fragoselo e, desde alí e en continuo ascenso, polo parque forestal de Monte dos Pozos e los cumios dos montes Alba e Cepudo. Tras estes magníficos miradoiros, o sendeiro descende ata A Pasaxe, xunto a un polígono industrial entre a parroquia viguesa de Zamáns e Vincios, no municipio de Gondomar.
O tramo intermedio da senda GR-53 ao seu paso por Vigo son 14 km entre A Pasaxe e Puxeiros, é de dificultade media-baixa e parte do polígono industrial da Pasaxe, onde termina o anterior tramo. En lixeiro ascenso, vai ata Zamáns, pasa xunto ao encora, o bosque de ribeira e os muíños de auga. A senda segue subindo ata o Campus Universitario de Vigo, crúzao e percorre os parques forestais de Beade e Cabral e finaliza no alto de Puxeiros.
O último tramo desta ruta natural de Vigo son 11 km: Puxeiros - A Madroa. É de dificultade media-baixa e unha duración de 3 horas e media. Empeza no alto de Puxeiros, no límite co municipio de Mos, e atravesa os parques forestais de Carballal e Vixiador. No seu percorrido, xunto ao cemiterio de Candeán pódense observar diversos dolmens prehistóricos ou facer unha parada en Vigozoo, antes de finalizar a ruta no parque forestal de Teis.
Case desde calquera dos parques forestais da cidade pódense iniciar tramos menores da senda.
Información práctica
Distancia: 40 km divisibles en tramos.
Duración do percorrido: cinco horas cada un dos dous primeiros tramos e tres horas e media o terceiro.
Dificultade: media-alta o primeiro tramo e media-baixa os outros dous.
Tipo de ruta: non circular.