Vigo, Cidade Universitaria
Unha visita ao campus
A Cidade Universitaria de Vigo enclávase nun lugar privilexiado: o Campus de Lagoas-Marcosende. É un conxunto espectacular deseñado por uns dos arquitectos españois máis salientables: Enric Miralles e Alfonso Penela. Hai edificios de vangarda, de impresionantes formas, como o Aulario: un xogo de módulos sobre formigón, aceiro, madeira e zinc; e instalacións deportivas, como a zona cuberta, que respecta a continuidade da paisaxe afundindo a súa planta principal baixo terra.
Pero a universidade é moito máis que un fermoso continente: é, sobre todo, contido. E de carácter internacional! Cada ano chegan á cidade estudantes Erasmus procedentes de Alemaña, Francia, Polonia, Italia Brasil… Tamén existen convenios con México, Chile, Uruguai ou Taiwán, que contribúen a enriquecer o carácter cosmopolita e aberto de Vigo.
O campus de Vigo está rodeado de parques forestais, nun monte impresionante. Despois da túa visita ao campus podes achegarte ata o barrio de Zamáns, onde, se tes sorte, podes atoparte co mercado semanal, ou ir visitar o encoro e os seus muíños.
Información práctica
-
Ciudad Universitaria de Vigo
-
Campus de Lagoas-Marcosende
-
Web:
Queres vir estudar a Vigo? O campus de Vigo é un lugar perfecto para aprender español ou estudar os segredos do mar. Infórmate dos diferentes programas na web da UVIGO. E na Guía do Alumnado Estranxeiro.
Se xa es estudante estranxeiro en Vigo, podes informarte na Oficina de Turismo de Vigo acerca dos programas de voluntariado en curso.