Parque Forestal de Beade

Unha camiñada natural en Beade

Anímate a aproveitar as túas vacacións de natureza en Vigo para coñecer o parque forestal de Beade: quizais o parque forestal de Vigo máis completo en canto a servizos, incluso con restaurante. É, ademais, un dos contornos naturais máis fermosos da cidade, con máis de 90.000 m² para camiñar ou pedalear sen límites.

Pistas e recomendacións: 

Para coñecer a pé os montes de Beade o mellor é seguir as rutas naturais do río Eifonso (PR-G5) e o sendeiro de gran percorrido GR-53.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Ubicación: Beade

Superficie: 93.000m2

Servizos: bar, restaurante, fonte, miradoiro, teléfono público e barbacoas
 

Acceso: pola Avda. de Madrid, tomando a saída 663 (Cabral - Cidade Universitaria - Pista forestal)