Illas Cíes
Visita as illas dos deuses
As Illas Cíes son o maior tesouro da ría de Vigo: un incrible Parque Nacional Marítimo-Terrestre de España e un dos lugares máis fermosos do país, de aí que os romanos lles puxeran o nome das illas dos deuses.
O arquipélago de Cíes son 3 illas: Monte Agudo, O Faro e San Martiño. As 2 primeiras unidas por un longo areal: a praia de Rodas, a mellor praia do mundo, segundo The Guardian.
Cíes forma parte do Parque Nacional Illas Atlánticas: un paraíso de praias paradisíacas e augas cristalinas, cun contorno natural que o converten nun observatorio de fauna e flora único.
Unha visita a Cíes é ideal tanto para practicar sendeirismo en familia como para unha escapada en busca de praias virxes e tranquilas. Pódese facer unha excursión dun día en barco a Cíes ou alugar un iate en Vigo. Ou, se prefires, pasar unha fin de semana en Cíes de acampada. Ademais, é un lugar excepcional para mergullar na ría de Vigo e, con sorte, poderás nadar rodeado de arroaces (os golfiños autóctonos, de menor tamaño).