Parque Nacional Illas Atlánticas
O tesouro ecolóxico de Cíes
Desde a ría de Arousa ata a ría de Vigo, o Parque Nacional Illas Atlánticas vai encadeado de illa en illa conformando un incrible Parque Nacional Marítimo-Terrestre, un paraíso natural de acantilados escarpados e fondos mariños protexidos de riqueza excepcional.
En 8.480 hectáreas —máis de 1.000 delas en terra—, o Parque Nacional ten o seu principal reclamo nas Illas Cíes, un arquipélago no que están representados todos os sistemas naturais ligados a zonas costeiras e plataformas continentais da rexión eurosiberiana.
Matagueiras, dunas, praias, fondos mariños… todo crea un impresionante mosaico natural con máis de 200 especies de algas entre as que habita unha gran diversidade de peixes, moluscos aves mariñas que aniñan nos acantilados das Cíes.
Ao ser unha área protexida, débense observar con atención as condicións de fondeo, mergullo e acampada nas Illas Cíes.
Cíes é unha visita obrigada se tes previsto viaxar a Vigo en verán ou Semana Santa, que é cando hai liña regular de barcos.
Hai unha cantidade máxima diaria de visitantes e só poderás acampar en Cíes se tes reservada praza no cámping.
Información práctica
-
Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia