En barco a Cíes
Navega a Cíes no teu barco
Navega a Cíes no teu barco
Se che gusta navegar, facelo pola ría de Vigo e chegar no teu barco ás Illas Cíes é unha desas experiencias que non deberías perderte.
Lembra que para pasar a noite no teu barco ao abrigo das illas, debes solicitar permiso de fondeo en Cíes e respectar a zona reservada aos bañistas, marcada con balizas a 200 m da ribeira.
Chegar ao arquipélago no teu propio barco permitirache gozar da illa de San Martiño, completamente virxe, xa que as liñas regulares de tráfico de ría non a inclúen nas súas rutas.
Pistas e recomendacións:
Poderás bañarte e mergullar se solicitaches un permiso para iso, pero non esquezas que en Cíes está prohibido practicar pesca deportiva e pesca submarina en todo o contorno del parque.
Información práctica
Permisos para fondear en Cíes: Solicitar permiso online