Formación náutica
Aprende a navegar en Vigo
A formación náutica está de moda: cada vez son máis os que se deciden a tomar unhas clases de vela en Vigo durante as súas vacacións e aproveitan para descubrir, desde dentro, a auténtica beleza da ría de Vigo.
Se sempre quixeches navegar, sacar o título de patrón de barco ou simplemente probar a dar unhas clases de vela, non o dubides: reserva unha semana de formación náutica nun dos clubs de vela de Vigo e goza dunha experiencia única.
A ría de Vigo, coas súas augas en calma e as Illas Cíes protexéndoa da forza do Atlántico, é un dos mellores lugares de España para aprender a navegar. Os ventos adoitan ser amables coos navegantes e os clubs de vela de Vigo están recoñecidos como as mellores escolas náuticas de Galicia. Consulta os seus servizos e ciclos de formación, a maioría ofrecen clases tanto en verán como en inverno.
A maior parte das escolas de vela de Vigo ofrecen cursos para todas as idades: nenos, mozos e adultos. Aproveita para organizar unha viaxe en familia a Vigo e goza cos nenos dun emocionante bautismo de mar.